O ÓRGANO SAE Á RÚA: PROXECCIÓN DE 'SHOES'

DATOS BÁSICOS

DE LUGARES E ÓRGANOS

Proxección na NUMAX de Shoes (Lois Weber, 1916). Cinema mudo e música ao vivo

Shoes (1916) é un drama de cinema mudo dirixido por Lois Weber, unha das directoras máis salientables da historia do cinema. Traballou para a Universal,
estudios nos que gozaba de gran respecto, e dirixiu máis de sesenta longametraxes, nas que destaca a súa valentía á hora de abordar asuntos como a pena de morte, o aborto, a prostitución ou a emancipación da muller, temas tabú na súa época. Shoes está protagonizado por Mary MacLaren, que encarna a Eva Mayer, unha muller nova que traballa nun establecemento comercial para sustentar a súa familia e que accede a ter relacións sexuais cun home para poder mercar uns zapatos.

Como acontecía nos “vellos tempos”, o filme estará acompañado de música ao vivo, nun xogo de improvisación produto do traballo conxunto de dous músicos: Álex Salgueiro, órgano Hammond, e Rafa Fernández, guitarra eléctrica. Rememoraremos á vez o papel que o órgano xogou tamén nas primeiras etapas da sétima arte a través do chamado órgano de cinema, un poderoso instrumento do que dispuñan só algunhas salas, e que permitía xerar melodías e, ao tempo, diferentes efectos sonoros, e no que o instrumentista adoitaba estar situado diante do patio de butacas, mirando a pantalla, nunha consola colorista e con iluminación moi fantasiosa.

Entradas: 

4 euros

No espacho de billetes da NUMAX ou en numax.org

Funcións: 
Martes, 4 Abril, 2023
19:30
NUMAX