O ÓRGANO SAE Á RÚA · ORDET (C.T. Dreyer, 1955)

DATOS BÁSICOS

XI CICLO DE LUGARES E ÓRGANOS · MÚSICAS E OUTRAS PAISAXES DE COMPOSTELA

PROXECCIÓN NA SALA NUMAX: ORDET (A PALABRA, CARL THEODOR DREYER, 1955)

A palabra é unha adaptación da obra teatral do dinamarqués Kaj Munk, pastor luterano e figura clave da resistencia espiritual contra o nazismo, asasinado pola Gestapo en 1944, que foi levada ao cinema maxistralmente por Carl Theodor Dreyer e premiada co León de Ouro en Venecia. A acción desenvólvese nunha pequena comunidade rural dinamarquesa e xira arredor dunha familia marcada pola tensión entre fe, razón e desesperanza. O filme explora o misterio da palabra como forza xenuinamente performativa: unha palabra que non describe nin acompaña, senón que actúa, que transforma e fai ocorrer o que ocorre. O estilo visual de Dreyer, austero e hipnótico, cunha luz de interiores que lembra á pintura de Vilhelm Hammershøi, crea unha atmosfera de espera, contemplación e misterio para un dos finais máis intensos e conmovedores da historia do cinema.

A proxección deste filme enmárcase no contexto da reestrea de A verba, de Javier María López, composta en 2018 e titulada a partir da obra de Dreyer. A peza establece un diálogo estético co filme, enmarcado nunha proposta construída arredor da secuencia Victimae paschali laudes, que lle dá unidade ao programa no que se insire.

Idioma: dinamarqués

Subtítulos en galego (co apoio da Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia)

Duración: 126 min

Duración: 
140 min (aprox)
Acceso: 
  • 4 euros
  • Entradas en numax.org e na SALA NUMAX
Info práctica: 
Luns, 30 Marzo, 2026
19:00
NUMAX