XI CICLO DE LUGARES E ÓRGANOS · MÚSICAS E OUTRAS PAISAXES DE COMPOSTELA
ENCONTRO CON MANUEL VILAS, ESPAZO DE MÚSICA EN VIVO E CONVERSA
Un espazo de conversa, preparación para a escoita e música en vivo co arpista e investigador Manuel Vilas, que nos permitirá coñecer máis a fondo os contidos do programa que será interpretado o domingo, Cidades de ouro e prata, así como as músicas que nos chegaron do período do vicerreinado do Perú. A sesión combinará explicacións directas do intérprete con pequenos exemplos en vivo, creando un diálogo entre palabra e son que facilitará unha escoita máis profunda e consciente do concerto de clausura na igrexa do Carme.