CINEUROPA
PANORAMA INTERNACIONAL / DOCS CINEUROPA
NUESTRA TIERRA (2025)
Lucrecia Martel
Arxentina, Estados Unidos, México, Francia, Países Baixos, Dinamarca / 119 min / Documental / Castelán
Ficha artística:
Comunidade chuschagasta
Ficha técnica:
Guión: María Alché, Lucrecia Martel
Fotografía: Ernesto de Carvalho
Edición: Jerónimo Pérez Rioja, Miguel Schverdfinger
Produción: Benjamín Domenech, Santiago Gallelli, Matías Roveda, Javier Leoz, Joslyn Barnes, Julio Chavezmontes, Leontine Petit, Erik Glijnis, Sandrine Dumas, Marie-Pierre Macia, Claire Gadea, Katrin Pors, Mikkel Jersin
Sinopse:
En 2009, un home e dous cómplices tentan desaloxar os membros da comunidade indíxena de chuschagasta, no norte da Arxentina. Reclamando a propiedade da terra e armados con pistolas, matan o líder da comunidade, Javier Chocobar. O asasinato queda gravado en vídeo. Tras nove anos de protestas, en 2018 ábrese finalmente un proceso xudicial. Durante todo este tempo, os asasinos seguen libres. O filme combina as voces e fotografías da comunidade con imaxes dos tribunais para explorar a longa historia de colonialismo e espolio de terras que conduciu a este crime.
Lucrecia Martel. Logo de dirixir varias curtas, debutou na longametraxe con La ciénaga (Perlak, 2001), que competiu no Festival de Berlín, onde obtivo o Premio Alfred Bauer. O filme fíxose tamén co Premio NHK en Sundance e o Cóndor de Prata á mellor ópera prima, entre outros galardóns. Competiu no Festival de Cannes coas súas dúas seguintes obras, La niña santa (2004) e La mujer rubia (2008), e estreou fóra de concurso en Venecia a súa cuarta longametraxe, Zama (2017), que recibiu o Cóndor de Prata á mellor película e mellor dirección e foi nomeada ao Goya á Mellor Película Iberoamericana. Nuestra tierra presentouse fóra de competición no pasado Festival de Venecia.
Premio á Mellor Película do BFI London Film Festival 2025
Sección Horizontes Latinos do Festival de Cine de San Sebastián 2025