TEATRO Ó CUBO
(Teatro)
Idade recomendada: Infantil
Duración: 40 min
Lingua: Galego
As nubes chegan. Chove. Sae o sol. A natureza esperta para encherse de cores. Ao amparo dos paraugas atoparemos agocho, bailaremos, cantaremos, e acompañados de pintorescos animais seremos parte da mesma paisaxe. Nube nube sol métenos de cheo na diversión e na aprendizaxe de todo o que a choiva e o sol provocan na nosa contorna. A través do corpo, o xesto, o canto e a música, Teatro ó Cubo achega á primeira infancia a maxia dos ciclos da natureza e a importancia da choiva para que todo medre.