NOVA DATA_MERCEDES MAIS EU

DATOS BÁSICOS

JANET NOVÁS E MERCEDES PEÓN

TerritoriodasMulleres

EscenaGZ

Idades recomendadas: todas as idades

Danza Escena. La Red Española de Teatros, Auditorios, CIrcuitos y Festivales

INAEM. Comisiones Artísticas de la Red

 

Mercedes mais eu é produto da colaboración entre a artista Janet Novás e a compositora Mercedes Peón.

Tras varios encontros de improvisación en contextos e espazos moi heteroxéneos, onde as dúas artistas exploran as relacións particulares que existen e que se establecen entre "a súa danza e a súa música", xorde a necesidade e o desexo de profundar, entender, organizar ou escribir e dedicarlle un tempo de "estudo" á devandita relación. Entre instrumentos, recordos, cancións e bailes comezan a aflorar conceptos da bagaxe de ambas e en diferentes estados de latencia. Algúns de gran contido socio-político como a identidade, pertenza, sonoridade, creación colectiva ou xénero, subxacen na maior parte dos materiais, desde os "obxectos" musicais aos dancísticos ou biográficos. O traballo é ademais unha proposta sutil sobre o común sensible, e unha aposta polo facer/saber artístico.

 

Dirección: Janet Novás

Creación e interpretación: Mercedes Peón e Janet Novás

Acompañamiento artístico: Ricardo Santana e Pablo Esbert

Composición musical, concepto e letras: Mercedes Peón

Asistencia no movemento: Victoria P. Miranda

Deseño de Iluminación: Cristina Bolívar

Son: Ezequiel Orol

Vestiario: Juanita Rodríguez

Agradecementos: Jorge Rúa, Virginia Rota,Eduardo Bonito,Celso Giménez, Beatriz Calatrava, Lipi Herández e Laura Kumin

Agradecemento especial: A meus pais

Coprodutores: Comunidad de Madrid co apoio do Centro Danza Canal, Graner Centro de Creació, Sede Losdedae, compañía residente en Alcalá de Henares

 

C!

#PREFUNCION

 

 

Duración: 
70 min
Información da billeteira: 

10 € (descontos habituais do 50%)

 

RECOMÉNDASE A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS NA PLATAFORMA  

compostelacultura.gal

__________________________

 

Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a venres (+ días de evento) de 11:00 a 14:00 h e de 18.00 a 21.00h. Os días que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día. Teléfono: 981 542 349

Funcións: 
Sábado, 18 Xullo, 2020
20:30
Teatro Principal

UBICACIÓN

Compostela Capital Cultural