NOVA DATA_MACBETH. O RUIDO E A FURIA

DATOS BÁSICOS

ESTUDO MOMENTO

EscenaGZ

Clásicos

Idades recomendadas: adultos

Lingua: galego

Rede Galega de Teatros e Auditorios. AGADIC

Xacobeo2021. Xunta de Galicia

___

A función do día 27 será  retrasmitida en liña. Preme no enlace YouTube Compostela Cultura

 

Macbeth. O ruído e a furia, adaptación en verso de Manuel Lourenzo. A grande traxedia celta de William Shakespeare protagonizada polos actores Xoán Carlos Mejuto, Luis Iglesia, Iria Ares, Carlos Sante e David Perdomo. Unha viaxe á chaira escocesa, neboenta e insegura. Tambores de guerra. Berros de barro. Versos de sangue, traizón e morte. Feiticeiras retranqueiras e ministras do fado, manipuladoras dos máis bravos guerreiros. Un tempo eterno e circular do que ninguén volta xamais.

Voltan os tempos escuros. Voltan os tempos de Macbeth.

 

Autor: William Shakespeare

Versión: Manuel Lourenzo

Dirección: Juan Carlos Mejuto e Iria Ares

Intérpretes: Xoán Carlos Mejuto, Luis Iglesia, Iria Ares, Carlos Sante e Xavier Pan

Iluminación: Antón Arias

Música orixinal: Tito Barbeito

Escenografía e atrezzo: Banale

Vestiario: Ramón Santos

Axudante de dirección: Xaquín Domínguez

Técnicos: Antón Cabado e Rubén Lamas

Agradecementos: Deputación da Coruña, IES Calvo Sotelo, Casahamlet, Clube Teatral Elsinor

 

C! #PREFUNCIÓN ON LINE

Conversa con Diego Meizoso e as /os artistas, dispoñible por uns días por si prefires escoitala tras ver o espectáculo na canle de YouTube Compostela Cultura

 

 

Duración: 
90 min
Entradas: 

VENDA DE ENTRADAS EN LIÑA

LUNS 23_10.00 H

12 € (descontos habituais do 50%)

___
 A función do día 27 será  retrasmitida tamén en liña a través da canle de YouTube Compostela Cultura

 

Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h. Os días que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día. Teléfono: 981 542 349

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

CONSULTA O PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS NA PORTADA

Funcións: 
Xoves, 26 Novembro, 2020
20:30
Teatro Principal
Venres, 27 Novembro, 2020
20:30
Teatro Principal