TEATRO ESPAÑOL LOSDEDAE
TerritoriodasMulleres
Idades recomendadas: adultos
Lingua: castelán
INAEM. PLATEA (Programa Estatal de Artes Escénicas)
"Hai un tempo humano e un tempo salvaxe". Atravesando os bosques da memoria atopamos a unha muller, a moitas mulleres, unidas por un mesmo nome, que se preguntan incesantemente se hai un destino feminino na Terra. Como eco do seu propio eco, nunha viaxe non cronolóxica pero si vivida, a Papisa Juana viste roupaxes masculinas e dá a luz no medio dunha multitude toleada que alberga sonos de lapidación; Juana de Arco triunfa no campo de batalla e sofre o interrogatorio do inquisidor que planea queimala na fogueira; Juana la Loca afunde as súas mans no inerte corazón de Felipe el Hermoso; Sor Juana Inés de la Cruz desexa en clave poética á vicerraíña e Juana Doña visitao paredón no que o seu marido é fusilado mentres pronuncia as súas últimas palabras de amor. Os vestixios dun legado que retumba unha e outra vez nos, a miúdo, xordos oídos do presente.
Dirección artística e coreografía: Chevi Muraday
Dramaturxia: Juan Carlos Rubio
Textos: Juan Carlos Rubio e Marina Seresesky
Intérpretes: Aitana Sánchez-Gijón, Chevi Muraday, Egoitz Sánchez, Javier Monzón, Víctor Ramos.
Música orixinal: Mariano Marín
Deseño escenografía: Curt Allen Wilmer
Deseño iluminación: Nicolás Fischtel
Deseño vestiario: Felype de Lima
Unha coprodución do Teatro Español e Losdedae Compañía de Danza