NOVA DATA_GRAN GALA DO CIRCO DE COMPOSTELA

DATOS BÁSICOS

A Gran Gala do Circo de Compostela, coordinada por Pista A4

____

Idades recomendadas: a partir de 4 a 99 anos

Lingua: galego

 

Compostela é unha cidade de circo, numerosos artistas circenses residen na cidade e queren celebrar o seu día, facendo unha mostra do mellor do seu traballo cos mellores números dos colegas do estado. A Gran Gala de Circo contará cunha completísima variedade de números das disciplinas máis sorprendentes e arriscadas.

 

C!

#POÑER O CORPO: Pan con circo! artistas circenses propoñen un obradoiro con xogos, merenda e espectáculo.

Pan con circo! fai do Auditorio de Galicia non só o espazo da gran gala do circo de Compostela no 2020 senón un territorio no que “crianzas” de 4 a 99 anos poidan experimentar coma nun obradoiro de saltimbanquis disciplinas circences como a acrobacia, o equilibrio e os malabares. A cafetería Lasso estará aberta despois para unha merenda antes do comezo da gala.

Público ao que se dirixe: Público familiar, actividade interxeracional. A partir de 4 anos.

Número de persoas: ata completar capacidade

Duración: 
70 min
Información da billeteira: 

4 €

Bono familiar (4 entradas): 12 €

 

Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h. Os días que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día. Teléfono: 981 542 349

 

Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. Aberto só os días de espectáculo desde 1h 30 min antes do comezo do mesmo. Teléfono 981 571 026

Funcións: 
Domingo, 25 Outubro, 2020
18:30
Auditorio de Galicia

UBICACIÓN

Auditorio de Galicia