LA TRÓCOLA CIRC
Idades recomendadas: todos os públicos
INAEM. PLATEA (Programa Estatal de Artes Escénicas). Comisiones Artísticas de la Red
Emportats é un espectáculo de circo para todos os públicos que combina diferentes disciplinas: acrobacia, malabar, música e traballo con obxectos (portas).
A través do xogo co visible e non visible, facendo uso de linguaxes como o musical, humorístico, ou poético, emerxen imaxes e ideas orixinais cuxa estética mergulla ao espectador nunha atractiva viaxe para os sentidos. É un espectáculo onde a coordinación, a precisión e a enerxía superan os límites establecidos e no que a indiferenza non está entre as posibilidades.
Emportats é o resultado dun arduo traballo onde o importante é o proceso, no que os seus protagonistas se desprenden de todo para ensinarnos o que levan dentro. Á versatilidade e descontextualización do obxecto, súmase a música en directo, achegada pola presenza de dous novos artistas. O crecemento do equipo e o esforzo colectivo consolídanse así como o seu método de traballo.
Intérpretes: Andrea Pérez, Jose Monreal, Aritz Sardina, Guillem Fluixa e Jon Sádaba
Premio Feten 2018
Mejor espectáculo de circo 2018