TANTTAKA TEATROA
TerritoriodasMulleres
Idades recomendadas: adultos
Lingua: castelán
O Teatro Principal acolle a estrea en Galicia deste espectáculo baseado na novela da escritora e veciña Arantza Portabales.
Unha historia en catro voces; as voces de catro mulleres que incapaces de enfrontarse aos seus problemas cara a cara, prefiren confesarse a través dun contestador automático. Marina, Carmela, Sara e Viviana utilizarán unha caixa de correo de voz como terapia para tentar entenderse a si mesmas e, sobre todo, conseguir que as comprendan os demais. Marina é avogada especializada en divorcios e desafía o abandono do seu marido; Carmela está enferma de cancro e necesita despedirse do seu fillo; Sara é unha moza de boa familia á que a presión da súa voda inminente lévaa ao bordo do suicidio e a unha dubidosa terapia psicolóxica, e Viviana é prostituta en Madrid, aínda que a súa familia cre que traballa en Ikea.
Autora: Arantza Portabales
Dirección: Fernando Bernués
Adaptación: Fernando Bernués, Kike Díaz de Rada
Intérpretes: Miren Arrieta, Mireia Gabilondo, Oihana Maritorena e Leire Ruiz
Axudante dirección: Sara Cózar
Espazo escénico: Fernando Bernués, Edi Naudo
Iluminación: David Bernués
Audiovisual: Acrónica Producciones
Imaxes proxección: José Ibarrola
Vestiario: Ana Turrillas
Técnica: Acrónica Producciones
Fotografía: Juantxo Egaña
Deseño gráfico: Grafikoki
Administración: Maite Gorrotxategi
Produción executiva: Ane Antoñanzas
Produción: Nagore Plazaola
Representante Autora: Rolling Words