NOVA DATA: MELANCOHOLEMIA

DATOS BÁSICOS

CONDETRESPÉS

EscenaGZ

DerivasePeregrinaxes

Idade recomendada: adultos

Duración: 60 min

Lingua: galego

Sobre un texto propio, Antón Reixa interpreta a un paciente dunha institución mental que recibe aos convidados nunha sesión de “portas abertas”. O texto, en clave satírica e na máis pura tradición do “teatro do absurdo”, glosa o chamado estado de “melancoholemia”, a carencia de forma de ser.

As imaxes do vídeo, realizado por Antonio Segade e baseadas no tratamento de diversas obras da historia das artes plásticas, a música de Cachopou e a presenza do actor Pedro Brandariz, conforman a posta en escena dirixida polo dramaturgo vasco Fernando Bernués (El Florido Pensil, El Hijo del Acordeonista)

Autor: Antón Reixa

Dirección: Fernando Bernués

Escenografía: Tanttaka

Deseño son: Paco de Pin

Deseño iluminación: Paco de Pin

Vestiario: Tanttaka

Música: Cachopou

Elenco artístico: Antón Reixa e Pedro Brandariz

Duración: 
60 min
Entradas: 

VENDA DE ENTRADAS EN LIÑA: LUNS DA SEMANA DO EVENTO_10.00 H

12 euros

* Descontos do 50% para colectivos habituais

- Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. Aberto de martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Domingos de 11 a 14 h (Luns pechado). Teléfono 981 542 462

- Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto o día do espectáculo desde 1h antes do comezo do mesmo. Teléfono: 981 542 349

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Xoves, 27 Maio, 2021
20:30
Teatro Principal