A NOVA ARMADURA

Praza do Obradoiro
DATOS BÁSICOS

A artista interdisciplinar Monica Mura camiñará polas rúas do centro histórico da cidade levando posta “A Nova Armadura”, un artefacto antigo rescatado e actualizado para loitar contra o inimigo invisible da era post Covid-19.
A acción quere explorar as dificultades reais que nacen á hora de manter a distancia de seguridade na etapa da nova normalidade, que desde o pasado 21 de xuño fixouse a 1,5 metros. Manter esta distancia física interpersoal, ademais do uso das máscaras, vai ser clave para que as persoas podamos movernos con máis seguridade polo espazo público. A proposta quere ser unha maneira sinxela e gráfica de ensinar aos cidadáns o espazo interpersoal que deberían seguir trazando, aínda que sexa virtualmente, nos seus camiños

Duración: 
1h
Información da billeteira: 

De balde

Funcións: 
Sábado, 1 Agosto, 2020
19:00
Praza do Obradoiro

UBICACIÓN