NOSSO SEGREDO

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA

SECCIÓN OFICIAL A CONCURSO. CINEASTAS DO PRESENTE

NOSSO SEGREDO (2026)

Grace Passô

Brasil, Portugal / 107 min / Portugués

Ficha artística:

Efraim Santos, Flip, Jéssica Gaspar, Ju Colombo, Marisa Revert, Robert Frank, Juan Queiroz, Gláucia Vandeveld, Mateus Aleluia, Tássia Reis

Ficha técnica:

Guión: Grace Passô

Fotografía: Wilssa Esser

Edición: Gabriel Martins e Eva Randolph

Produción: Ricardo Alves Jr., Rachel Daisy Ellis, Julia Alves e Catarina Sousa

Sinopse:

Unha familia negra brasileira da cidade de Belo Horizonte tenta reconstruír o seu fogar tras unha perda recente. Incapaces de expresar o que senten, a nai e os seus fillos refúxianse nas súas rutinas individuais para fuxir do dó. Só o máis pequeno, Tutu, coñece o segredo que agocha a casa e que intenta revelar aos demais, pero ninguén o escoita. Cando finalmente se enfrontan á verdade, deberán afondar nas raíces da súa dor e unirse para atravesar este momento con amor e valentía.

Grace Passô é unha actriz, dramaturga, guionista e directora brasileira. Cunha ampla traxectoria no teatro contemporáneo, recibiu numerosos premios pola súa obra escénica e pola súa interpretación cinematográfica. Codirixiu con Ricardo Alves Jr. a mediometraxe Vaga carne (2019) e dirixiu a curtametraxe República (2020). Nosso segredo é a súa primeira longametraxe.

 

SECCIÓN PUNTO DE ENCONTRO DA SEMINCI 2026

 

Duración: 
107 MIN
Acceso: 

Bono 10 películas: 30 euros

Catálogo: 2 euros

VENDA DE ENTRADAS E RETIRADA DE CONVITES

  • Para as proxeccións de todas as salas:
    • compostelacultura.gal
    • ZONA C. Punto de Información Cultural (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h.
    • TEATRO PRINCIPAL: de 15.00 h ata a hora de inicio do último filme no Teatro Principal ou no Salón Teatro.
  • En cada sala, para as proxeccións dese espazo:
    • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingos e calquera outro día fóra deste horario, abrirase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión. Neste despacho de billetes só se poderá pagar en efectivo
    • AUDITORIO DE GALICIA: dende media hora antes do inicio de cada sesión

VENDA DE BONOS

  • compostelacultura.gal
  • Zona C · Punto de Información Cultural
  • Despacho de billetes do Teatro Principal

Para a adquisición de entradas e bonos recomendamos o uso preferente da páxina web compostelacultura.gal

ESTE PROGRAMA ESTÁ SOMETIDO A POSIBLES CAMBIOS. PRÉGASE CONSULTAR A CARTELEIRA DIARIA

Info práctica: 
Martes, 17 Novembro, 2026
15:45
NUMAX
Mércores, 18 Novembro, 2026
22:30
NUMAX