NOITE CURTA. CURTOCIRCUÍTO19

Praza das Praterías
DATOS BÁSICOS

Regresa o cinema de verán ao centro histórico compostelán: Noite Curta (Curtocircuíto19)

Na sesión proxectarase unha selección dos filmes máis destacados da pasada edición do festival.

Poderemos (re)descubrir pezas como Solar Walk, da celebrada animadora húngara Réka Bucsi, gañadora do premio Radar no Curtocircuito 2018. Completan as proxeccións Fauve do canadiense Jérémy Comte; Saladdin Castique de Anssi Kasitonni, mención especial do Xurado Novo 2018; Glucose de Jeron Braxton e a Nena Azul que se fixo coa mención especial do xurado  Galicia e Premio CREA á mellor dirección galega da última edición de Curtocircuíto.

A Noite Curta prepara ao público para gozar de CURTOCIRCUITO19 que terá lugar do 28 de setembro ao 6 de outubro de 2019, festival producido pola concellaría de cultura do Concello de Santiago de Santiago de Compostela, organizado desde o Auditorio de Galicia, e financiado entre outros pola Deputación de A Coruña, AGADIC e a ICAA.

Unha cita co cinema que celebra este ano a súa 16º edición.

 

Imaxe: A Nena Azul

 

 

 

 

Información da billeteira: 

Gratuíto

__

En caso de choiva a actividade trasaladarase ao Teatro Principal

 

 

 

 

Funcións: 
Mércores, 14 Agosto, 2019
21:45
Praza das Praterías

UBICACIÓN