CINEUROPA
PANORAMA INTERNACIONAL
NO BEARS (2022)
Jafar Panahi
Irán / 107 min / Ficción / Persa, turco, acerbaixano
Ficha artística:
Jafar Panahi, Naser Hashemi, Vahid Mobaseri, Bakhtiar Panjeei, Mina Kavani, Reza Heydari
Ficha técnica:
Guión: Jafar Panahi
Fotografía: Amin Jafari
Edición: Amir Etminan
Produción: JP Production (Jafar Panahi)
Sinopse:
Dúas historias de amor paralelas nas que os desexos das parellas son frustrados por obstáculos ocultos e inevitables, a forza da superstición e a mecánica do poder.
Jafar Panahi (Mianeh, Irán). Diplomado en dirección pola Escola de Cinema e Televisión de Teherán, comezou a súa carreira realizando curtametraxes documentais e de ficción para a televisión iraniana. Emblema da Nova Vaga do cinema iraniano, as súas películas recibiron galardóns como o León de Ouro en Venecia (O círculo), o Oso de Ouro en Berlín (Taxi Teherán, 2015) ou o premio ao mellor guión en Cannes (Three faces, 2018), entre outros moitos.
Premio especial do xurado no Festival de Venecia 2022