CINEUROPA
CINEUROPA PANORAMA INTERNACIONAL
NINA ROZA (2026)
Geneviève Dulude-De Celles
Canadá, Bulgaria, Bélxica, Italia / 103 min / Francés, búlgaro, inglés
Ficha artística:
Galin Stoev, Sofia Stanina, Ekaterina Stanina, Michelle Tzontchev, Christian Bégin, Chiara Caselli, Nikolay Mutafchiev, Tsvetan Todorov, Elena Atanasova, Svetlana Yancheva
Ficha técnica:
Guión: Geneviève Dulude-De Celles
Fotografía: Alexandre Nour Desjardins
Edición: Damien Keyeux
Produción: Fanny Drew e Sarah Mannering
Sinopse:
Mihail, un marchante de arte búlgaro afincado en Montreal, regresa á súa terra natal case tres décadas despois para investigar o caso de Nina, unha nena de oito anos que se fixo viral polas súas pinturas. O seu cometido é determinar se está ante un auténtico talento artístico ou ante unha fraude promovida pola familia para introducirse no mercado occidental. Pero a investigación levarao tamén a reencontrarse co seu pasado e a afrontar as feridas do exilio, o seu impacto na propia identidade e as consecuencias do desarraigamento na súa vida familiar.
Geneviève Dulude-De Celles é unha cineasta, guionista e produtora quebequesa afincada en Montreal. Con La coupe (2014) gañou o Gran Premio do Xurado á mellor curtametraxe internacional no Festival de Sundance. En 2018 dirixiu Une colonie, a súa primeira longametraxe de ficción, que obtivo o Oso de Cristal á mellor película na sección Xeración da Berlinale. A súa filmografía inclúe tamén dúas longametraxes documentais: Bienvenue à F.L. (2015) e Les jours (2023).
OSO DE PRATA AO MELLOR GUIÓN NA BERLINALE 2026