'N.E.V.E.R.M.O.R.E.' NO DESEMBARCO CHÉVERE

DATOS BÁSICOS

DESEMBARCO CHÉVERE
Trinta e cinco anos faenando con artes escénicas sostibles (1987-2022)

Chévere cumpre 35 anos de actividade neste 2022 e celebran que o grupo segue en boa forma e traballando arreo cunha programación especial durante todo o outono. Dentro desta programación, ofrecen tres funcións en Compostela de 'N.E.V.E.R.M.O.R.E' os días 11, 12 e 13 de novembro e dúas de 'Curva España', os días 4 e 5. De ambas propostas, habéra tamén funcións específicas para escolares dentro do noso Programa Didáctico.

Para ambos espectáculos están xa á venda as entradas en Ataquilla.com, habendo a posibilidade de mercar un bono para asistir a ambos espectáculos.

Ademais, Compostela acollerá tamén outro eventos:

SALA NASA 1992-2022
Exposición Zona C Compostela
outubro/novembro
Catro pequenas cápsulas de tempo no 30 aniversario da apertura da Nasa

COMIC SOBRE A SALA NASA
Novela gráfica sobre a historia da Nasa desde a mirada dun neno que se criou entre as súas paredes, debuxada por Tristán Ron. Presentación en outubro

LIBRO Autobiografía Chévere 1987-2022
Ed. Kalandraka
Presentación en Santiago de Compostela en novembro de 2022.

Este Desembarco Chévere conta co apoio do Concello de Santiago de Compostela-Auditorio de Galicia, co patrocinio de Deleite, e coa colaboración do Teatro Rosalía de Castro da Coruña, Teatre Lliure de Barcelona, Kalandraka Editorial, Sala Ártika, Liceo de Noia e Asociación Cultural Canle de Lira.

TODA A INFORMACIÓN NA WEB DE CHÉVERE

Entradas: 
  • Entradas para 'N.E..V.E.R.M.O.R.E' AQUÍ (12 € / 8€ para menores de 25 anos)
  • Entradas para 'CURVA ESPAÑA' AQUÍ (12 € / 8€ para menores de 25 anos)
  • ABONO PARA OS DOUS ESPECTÁCULOS AQUÍ (20 €)
Funcións: 
Venres, 11 Novembro, 2022
20:30
Auditorio de Galicia
Sábado, 12 Novembro, 2022
20:30
Auditorio de Galicia
Domingo, 13 Novembro, 2022
18:00
Auditorio de Galicia