N.E.V.E.R.M.O.R.E (DIDÁCTICO)

DATOS BÁSICOS

CHÉVERE

(Teatro)

 

Idade recomendada: ESO e Bacharelato

Duración: 2 h

Lingua: galego

 

En palabras do director e dramaturgo do espectáculo, Xesús Ron, "NEVERMORE pódese referir tanto a corvos que falan como a pobos que berran, pero a intención é a mesma: facer memoria. A idea é seguir usando procedementos documentais para crear ficcións a partir da nosa memoria colectiva. Neste caso dispoñémonos a comprobar se a historia do Prestige foi algo máis ca unha catástrofe ecolóxica, porque ao mellor é unha metáfora da hostia e haina que entender como un aviso do que estaba por chegar".

"N.E.V.E.R.M.O.R.E. é unha forma de acudir á memoria colectiva dun deses pobos que se poden borrar do mapa sen que pase nada. Un pobo que, así e todo, en decembro de 2002 fixo seu o berro do corvo e non se deixou convencer polas mentiras daqueles que aseguraban que todo volvería ser coma antes. Contar esta historia -engade Ron, quen lembra que a asemblea fundacional da plataforma Burla Negra fora precisamente no Auditorio de Galicia- é tamén un conxuro para desfacer o feitizo que sigue rodeando a catástrofe do Prestige, convertida nunha metáfora estrañamente perfecta desa cultura do petróleo que nos impide ver que hai máis alá da catástrofe, coma se non puidésemos habitar outro lugar que non sexa ese".

Idea e creación: Chévere

Dramaturxia e dirección: Xron

Reparto: Manuel Cortés, Miguel de Lira, Patricia de Lorenzo, Borja Fernández, Mónica García, Arantza Villar

Axudante dirección: Nekane Fernández

Espazo escénico: Carlos Alonso

Espazo sonoro: Xacobe Martínez Antelo

Vestiario: Uxía P. Vaello

Arte, montaxe: Quique Martínez

Paxaros: Pepe Penabade

Iluminación: Fidel Vázquez

Son: Xurxo Pinheiro

Comunicación: Xana García

Produción: Inés Portela

Producción executiva: Patricia de Lorenzo, Xron

Duración: 
2 h
Entradas: 

Gratuíto, previa reserva a través do formulario que enviaremos aos centros de ensino en setembro.

Funcións: 
Xoves, 10 Novembro, 2022
11:00
Auditorio de Galicia
Venres, 11 Novembro, 2022
11:00
Auditorio de Galicia