NETWORK / NETWORK, UN MUNDO IMPLACABLE

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA

FAYE DUNAWAY: O TALENTO CONVULSO

NETWORK / NETWORK, UN MUNDO IMPLACABLE (1976)

Sidney Lumet

Estados Unidos / 121 min / Ficción / Inglés

Ficha artística:

Faye Dunaway, William Holden, Peter Finch, Robert Duvall, Beatrice Straight

Ficha técnica:

Guión: Paddy Chayefsky

Fotografía: Owen Roizman

Edición: Alan Heim

Produción: Fred C. Caruso, Howard Gottfried

Sinopse:

Howard Beale, veterano presentador dun informativo, é despedido cando baixa a audiencia do seu popular programa. Antes de abandonar a canle, e ante o asombro de todos, anuncia en directo que vai suicidarse diante das cámaras. O seu arrebato provoca unha enorme expectación entre o público e os seus compañeiros, converténdose nun fenómeno televisivo sen precedentes.

Entre a sátira e o drama, o filme expón con ferocidade a relación entre información, poder e espectáculo, anticipando o cinismo mediático das décadas seguintes.

 

Mellor Actriz Principal (Faye Dunaway), Mellor Actor Principal (Peter Finch), Mellor Actriz de Reparto (Beatrice Straight) e Mellor Guión Orixinal nos Óscar 1977

Mellor Dirección, Mellor Guión, Mellor Actriz (Faye Dunaway) e Mellor Actor (Peter Finch) nos Globo de Ouro 1977

Mellor Actor (Peter Finch) nos BAFTA 1978

 

Duración: 
121 MIN
Acceso: 

Entrada de balde previa retirada de convite


Bono 10 películas: 30 euros

Catálogo: 2 euros

INFO XERAL ENTRADAS

  • Para as proxeccións de todas as salas:
    • compostelacultura.gal
    • ZONA C. Punto de Información Cultural (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h.
    • TEATRO PRINCIPAL: de 15.00 h ata a hora de inicio do último filme no Teatro Principal ou no Salón Teatro. 
  • En cada sala, para as proxeccións dese espazo:
    • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingos e calquera outro día fóra deste horario, abrirase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión. Neste despacho de billetes só se poderá pagar en efectivo
    • AUDITORIO DE GALICIA: dende media hora antes do inicio de cada sesión

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Info práctica: 
Luns, 10 Novembro, 2025
18:00
Auditorio de Galicia
MULTIMEDIA

Network (1976) Official Trailer - Peter Finch Movie