A mostra 'Ollos de vidro. As formas doutra historia de Galicia' estende a súa olla contracultural alén do espazo expositivo para ofrecer un feixe de actividades complementarias que buscan achegar outras maneiras de observar a realidade.
Aproveitando a visita a Compostela de Fermin Muguruza dentro da xira coa que celebra 40 anos de carreira, Compostela Cultura programa un faladoiro entre o músico e produtor vasco e o comisario da exposición Germán Labrador arredor da capacidade dos artefactos culturais para percorrer a historia e engarzar ópticas diversas dende as que rever e revisitar a historia e os seus relatos oficiais.
A asistencia é de balde previa retirada de convites.