NATAMAN

DATOS BÁSICOS

DA.TE DANZA

Idade recomendada: >6 meses a 5 anos

Duración: 50 min

Lingua: castelán

[DENTRO DO PROGRAMA PLATEA DO INAEM. MINISTERIO DE CULTURA E DEPORTE]

Cada persoa brilla con luz propia entre todas as demais. Neste espectáculo de danza contemporánea vemos a dous intérpretes, dous amigos, dous cómplices que se atopan nunha sala de xogos.

Descobren que hai auga, lume, vento e terra ordenados e á súa enteira disposición. Un cuarto de xogos pode ser unha praia, pode ser un deserto, pode ser o mar. E tamén… cando estamos sos, poden ser moitos mundos.

Natanam significa danza en sánscrito. E ese é o punto de partida deste espectáculo: queriamos dar aos máis pequenos, á primeira infancia, un espazo e un tempo de sensacións a partir da pureza da danza.

Natanam é unha aprendizaxe do camiño cara á alegría que produce o desapego. Ao facerse realidade sobre o escenario, démonos conta de que Natanam é un espectáculo multinivel, con distintos graos de simbolismo dependendo da idade e madurez do espectador, por iso pensamos que é ideal tanto para a infancia como para o público familiar.

Ficha artística
Interpretación en creación: Raúl Durán, Gonzalo Moreno e Mª José Casado
Dirección coreográfica: Omar Meza
Asesoramento en dramaturxia e posta en escena: Concha Villarrubia
Dramaturxia: Lola Fernández de Sevilla
Deseño de iluminación: Aitor Palomo
Deseño de vestiario: Laura León
Escenografía e utillería: Manu Sinkeli
Música orixinal: Jesús Fernández e David Campodarve
Asesoramento espazo escénico: Victor Borrego
Produción executiva: Jacinto Santiago
Axudante de produción, administración e comunicación: Kike Fernández.
Asesor de produción e xerencia: Javier Zurita Chao

Duración: 
50 min
Entradas: 

3 euros

  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 542 349

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Funcións: 
Sábado, 29 Abril, 2023
18:30
Teatro Principal