NARCISO EM FÉRIAS

DATOS BÁSICOS

SECCIÓN PARALELA RESCATES

Renato Terra, Ricardo Calil

Brasil / 83 min / Documental / Portugués

Ficha artística

Coa intervención de Caetano Veloso

Ficha técnica

Guión: Renato Terra, Ricardo Calil

Fotografía: Fernando Young

Edición: Henrique Alqualo, Jordana Berg

Produción: Paula Lavigne, Maria Bruno

O 13 de decembro de 1968, a ditadura militar brasileira aprobou o quinto acto institucional. AI-5, como se coñeceu, marcou o inicio da fase máis represiva e violenta do réxime. Catorce días despois foi detido o cantautor Caetano Veloso. Tiña 26 anos e foi sacado da súa casa en São Paulo por axentes vestidos de civil que se negaron a dicirlle o porqué da súa detención. Levado a Río de Xaneiro, pechado en illamento durante unha semana e logo trasladado a outras celas, sufriu a proba máis grande da súa vida. En total, estivo na cadea durante 54 días.

Cincuenta anos despois, Narciso em férias presenta as lembranzas e reflexións de Caetano sobre ese tempo no cárcere. Bosquexa un retrato íntimo e detallado dos días en soidade, lembra e canta cancións que marcaron o período do seu encarceramento, e repasa incidentes dolorosos que viviu xunto a outros presos, como o seu amigo Gilberto Gil, detido ese mesmo día. Caetano presenta nova información producida pola ditadura sobre os motivos da súa detención, expoñendo a visión do réxime sobre el e arroxando luz sobre a brutalidade arbitraria dese momento da historia brasileira.

Duración: 
83 MIN
Acceso: 

Entrada de balde previa retirada de convite

__

  • compostelacultura.gal
  • Zona C. Punto de Información Cultural: de martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Domingos de 11 a 14 h. Tel.: 981 542 462
  • Teatro Principal: de 16 h ata a hora de inicio do último filme do Teatro Principal ou do Salón Teatro. (Se hai proxección fóra deste horario, o despacho de billetes abre media hora antes do inicio). Tel.: 981 542 349
  • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14 h e de 16 a 20.30 h. Martes de 16 a 20.30 h. (Se hai proxección fóra deste horario, o despacho de billetes abre 10 minutos antes do inicio)
  • Multicines Compostela: desde as 17.00 h ata a hora de inicio do último filme. (Se hai proxección fóra deste horario, o despacho de billetes abre media hora antes do inicio).
  • Auditorio de Galicia e Museo das Peregrinacións: desde media hora antes do inicio de cada proxección.

PRÉGASE O USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Info práctica: 
Mércores, 10 Novembro, 2021
16:30
NUMAX