CÍA VOËL
Idade recomendada: a partir de 2 anos
Duración: 45 min
Lingua: sen texto
EN FAMILIA · ARTES ESCÉNICAS · CIRCO
Soñei,
como soñan os osos no inverno.
Un soño cálido,
un soño longo,
un soño baixo terra.
E espertéi!,
soa,
e quixen volver soñar,
pero xa non era no soño,
era aquí,
tan presente e tan efémera como a neve que cae do ceo.
Este ceo que cos seus cores anuncia que algo está por pasar.
E que pode pasar ao outro lado do mundo onde nos temos atopado.
Onde nos temos atopado dous seres con tantas cousas que contarnos.
Tantas cousas que contarnos como soños teñen os osos.
Teñen os osos soños baixo terra.
Baixo terra soñei.
Soñei.
Como soñan os osos.
Como dous corpos e dúas máscaras poden, a través da poesía visual e a acrobacia, xerar un mundo onírico onde todo está ao bordo do abismo.
Falamos dunha historia de amizade sen barreiras, esas barreiras chamadas prexuízos e que se erguen como altos muros na vida dos adultos; os máis pequenos non entenden de barreiras, os osos tampouco.
Nanuq convértese así nunha peza atemporal onde conviven diversas disciplinas, como son o circo, a danza e as marionetas para explicar unha historia universal, unha historia para todo o mundo, pero pensada especialmente para os máis pequenos.
Cia Voël é o encontro de dúas persoas en aparencia moi diferentes, que chegan a complementarse e únense na procura dos camiños creativos e acrobáticos, co cadrante ruso como protagonista. Ao longo dos anos desenvolveron un estilo moi persoal caracterizado por unha forte poética visual, creando imaxes oníricas e cargadas de simbolismo. Cia Voël especializouse na creación de espectáculos de sala, entre os que cómpre destacar: Ex-libris, Boira e Nanuq, estreado recentemente no Festival Grec. Ademais, desenvolven activamente o seu proxecto “Reditus”, un site specific de circo de gran formato que reinterpreta e dá nova vida a diversas lendas do territorio, co que xa estrearon Dones de Aigua en Sant Joan les Fonts e El pou de la gallina en Manresa.