NACHO VEGAS

DATOS BÁSICOS

NACHO VEGAS presenta o seu último traballo, 'Violética', no Auditorio de Galicia. Vegas é a día de hoxe un dos artistas máis consolidados e respectados do Estado español. Nos escenarios desde os anos noventa con grupos como Eliminator Jr ou Manta Ray, comezou a súa carreira en solitario en 2001 co selo independente madrileño Limbo Starr mentres paralelamente formaba o grupo Lucas 15 con outros músicos asturianos. Con este selo publicou o seu primeiro disco en solitario Actos inexplicables (2001).

Desde que comezou a súa traxectoria en solitario, Nacho Vegas publicou varios discos e EPs, e tamén fixo destacadas colaboracións como ‘El tiempo de las cerezas’ con Enrique Bunbury (2006) ou ‘Verano Fatal’ (2007) con Christina Rosenvinge.

En 2010 lanzouse á aventura da autoedición dando vida a Marxophone, unha plataforma de autoedición discográfica co que editou o resto dos seus traballos até o momento. Baixo esta etiqueta viu a luz en 2011 ‘La Zona Sucia’, un traballo que foi recoñecido como o “Mellor Álbum do Ano” nos Premios da Música Independente. A este traballo seguiralle, en novembro do mesmo ano, o mini-álbum ‘Como hacer crac’ (2011). Foi entón cando a música de Nacho Vegas foi collendo outro rumbo, sobre todo nas letras, que a partir de aquí abrazaranse a unha temática máis política e social, algo que se consolidou no disco ‘Resituación’ (2014) e no EP que lle seguía, ‘Canciones Populistas’ (2015).

O pasado mes de xuño, Nacho Vegas editou ‘Violética’ (Marxophone, 2018), un disco dobre de Nacho Vegas con Edu Baos, Abraham Boba, Manu Molina, Joseba Irazoki, Luís Rodríguez e César Verdú. Foi gravado por Paco Loco no seu estudio de El Puerto de Santa María, con gravacións adicionais no Estudio Fase 4 de Xixón por Carlos Stro e en El Cariño de Mozota por Edu Baos. A mestura realizouna César Verdú e o master Víctor García en Ultramarinos Mastering (Barcelona). O álbum contén 18 temas e conta con diversas colaboracións entre as que destacan as do Coru Antifascista Al Altu La Lleva, Cristina Martínez (El Columpio Asesino), Christina Rosenvinge ou Maria Rodés.

Acceso: 

Anticipada: 18 euros
Día do concerto: 23 euros
Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h. Os días que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día. Teléfono: 981 542 349
Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. Aberto só os días de espectáculo desde 1h 30 min antes do comezo do mesmo. Teléfono 981 571 026

Info práctica: 
Sábado, 2 Febreiro, 2019
20:30
Auditorio de Galicia