Teatro e danza
Recomendada para alumnos de 3º a 6º Primaria
Nómades é un espectáculo de carácter visual: onde o movemento, a escenografía e a luz se relacionan entre si constantemente, sendo en ocasións difícil de definir onde comeza e remata cada un dos elementos que conforman a proposta. As intérpretes transitan entre as porosidades dunha escenografía en constante movemento, abren espazos de conversa sobre o tránsito entre xéneros e habitan o nomadismo como ruptura posible dos moldes impostos.
Ficha artística *
Creación: Gena Baamonde, Atenea García, Nicolás Zamorano ,María Roja, Diego M. Buceta e Laura Iturralde.
Dirección: Gena Baamonde
Coreografía: Diego M. Buceta
Elenco: María Roja, Atenea García e Diego M. Buceta
Música orixinal: Nicolás Zamorano
Deseño de iluminación: Laura Iturralde Vestuario: Marte Martinka
Escenografía: Nicolás Zamorano Diseño cartel: Alba Blanco
Técnico Luz/Son: Nicolás Zamorano
Vídeo: Caneca
Produción: Atenea García
Distribución: Urdime