'NÓ' DE ELAHOOD

DATOS BÁSICOS

Idade recomendada: Todos os públicos

Duración: 65 min

Lingua: galego

#posfunción

Teño algo importante que dicir pero aínda non sei o que é

Esta frase sitúase como punto de partida da nova creación da compañía Elahood. Unha proposta de danzas urbanas baixo unha mirada de creación contemporánea. 

NÓ convida ao público nunha viaxe onírica, estirando e deformando o significado do que é importante. Baixo un filtro de ironía e fantasía, a compañía deixa ver pegadas do debate actual que atende a deconstrución de xénero e a conciencia de clase.

O espectáculo conta coa estética máis característica da compañía, unha danza precisa, limpa e extremadamente coordinada. Elahood continúa a súa aposta particular por unha linguaxe visual e coidada, que neste espectáculo abraza a presenza do texto e a voz.

Onde reside a importancia do importante?

Debemos subirnos a un escenario sempre coa responsabilidade de defender un discurso?

NÓ é un collage que parte da intuición más naif de dúas mulleres galegas que se renden a ter que ser importantes. Unha proposta escénica contemporánea que invita á reflexión colectiva das preocupacións actuais.

Ficha artística

Dirección: Sabela Domínguez, Julia Laport e Kenrick Sandy

Coreografía: Sabela Domínguez, Julia laport e Aina Lanas

Reparto: Sabela Domínguez e Julia Laport

Dramaturxia: Gena Baamonde e ELAHOOD

Música: LLXNTO & Bruno Baw

Vídeo: Iria Casal

Atrezzo: Anahí Taraburelli

Produción: Sabela Ramos

Acompañamento á produción: Manu Lago

Deseño de iluminación: Afonso Castro

Responsable técnico en xira: Nacho Martín

Duración: 
65 min
Entradas: 

10 euros

  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 542 349
  • Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Funcións: 
Venres, 21 Abril, 2023
20:30
Teatro Principal