Dirección: Michael Sarne
Estados Unidos / 1970 / Longametraxe / Ficción / Inglés
Ficha artística
Raquel Welch, John Huston, John Carradine, Mae West, Rex Reed, Farrah Fawcett, Tom Selleck, Andy Levine.
Ficha técnica
Guión: Gore Vidal, Michael Sarne, David Giler.
Fotografía: Richard Moore.
Música: Lionel Newman.
Produción: 20th Century Fox.
Sinopse
Baseado nunha novela do recoñecido Gore Vidal, o filme narra as peripecias de Myron Breckinridge, un crítico de cine que se somete a unha operación de reasignación de sexo. Superado todo o proceso, a nova e explosiva Myra Breckinridge chegará á escola de cine do seu tío Buck decidida a esnaquizar o concepto de macho que impera en Hollywood.