MY LITTLE SISTER / SCHWESTERLEIN (2020)

DATOS BÁSICOS

SECCIÓN PARALELA PAÍS CONVIDADO: SUÍZA. PERSPECTIVAS SUÍZAS

Stéphanie Chuat, Véronique Reymond

Suíza / 99 min / Ficción / Alemán, francés, inglés

Ficha artística

Nina Hoss, Lars Eidinger, Marthe Keller, Jens Albinus, Thomas Ostermeier, Isabelle Caillat, Paulo Dos Santos

Ficha técnica

Guión: Stéphanie Chuat, Véronique Reymond

Fotografía: Filip Zumbrunn

Edición: Myriam Rachmuth

Produción: Ruth Waldburger

A brillante dramaturga Lisa xa non escribe. Vive en Suíza coa súa familia, pero o seu corazón quedouse en Berlín, latexando ao ritmo do corazón do seu irmán. Os lazos entre os xemelgos fortalecéronse desde que a Sven lle diagnosticaron un tipo agresivo de leucemia. É un actor de teatro famoso e Lisa négase a aceptar o seu destino, movendo ceo e terra para que volva ao escenario. Ela dáo todo pola súa alma xemelga, descoidando todo o demais, mesmo arriscando o seu matrimonio. A relación co seu esposo comeza a esborrallar, pero Lisa só ten ollos para o seu irmán, o seu espello que a conecta coas súas aspiracións máis profundas e reaviva o seu desexo de crear, de se sentir viva.

Sección oficial no Festival de Berlín 2020

Candidata a mellor actriz nos Premios do Cinema Europeo

Duración: 
99 MIN
Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural: de martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Domingos de 11 a 14 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal: de 16 h ata a hora de inicio do último filme do Teatro Principal ou do Salón Teatro. (Se hai proxección fóra deste horario, o despacho de billetes abre media hora antes do inicio). Tel.: 981 542 349
  • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14 h e de 16 a 20.30 h. Martes de 16 a 20.30 h. (Se hai proxección fóra deste horario, o despacho de billetes abre 10 minutos antes do inicio)
  • Multicines Compostela: desde as 17.00 h ata a hora de inicio do último filme. (Se hai proxección fóra deste horario, o despacho de billetes abre media hora antes do inicio).
  • Auditorio de Galicia e Museo das Peregrinacións: desde media hora antes do inicio de cada proxección.

PRÉGASE O USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

 

Funcións: 
Domingo, 14 Novembro, 2021
17:30
Auditorio de Galicia
Martes, 16 Novembro, 2021
19:30
Multicines Compostela