CINEUROPA· SECCIÓN PARALELA · O CORAZÓN DO CINEMA É A LIBERDADE
MY DARLING CLEMENTINE / PAIXÓN DOS FORTES (1946)
John Ford
Estados Unidos / 97 min / Ficción / Inglés
Ficha artística:
Henry Fonda, Victor Mature, Linda Darnell, Walter Brennan
Ficha técnica:
Guión: Samuel G. Engel e Winston Miller. Baseado nunha historia de Sam Hellman
Fotografía: Joseph MacDonald
Edición: Dorothy Spencer
Produción: Samuel G. Engel
Sinopse:
A Wyatt Earp, antigo xefe de policía de Dodge City, ofrécenlle a praza de comisario da cidade de Tombstone logo de desarmar a un perigoso delincuente. Ao primeiro, Wyatt rexeita o posto porque se dedica ao negocio do gando xunto cos seus irmáns. Mais o asasinato do irmán máis novo lévao a aceptar a praza e a nomear os outros irmáns como axudantes. Non tarda en facer amizade cun xogador e pistoleiro chamado Doc Holliday que axudará os Earp na súa loita contra os Clanton.