MUSEO MIGRANTE MIGRANTE (MMM) · EN MOVEMENTO

DATOS BÁSICOS

MUSEO MIGRANTE MIGRANTE · EN MOVEMENTO 

ANGÉLICA DASS

ARTES VISUAIS

A fotógrafa e artista Angélica Dass trae a Compostela un novo proxecto: o Museo Migrante Migrante (MMM), a través da súa versión en Movemento, con actividades na Zona C e o Auditorio de Galicia do 14 ao 18 de abril.

En palabras de Dass o MMM é “un arquivo vivo de obxectos, memorias e traxectorias en movemento. Un museo que se constrúe, gardando historias, facendo preguntas”. Así, este museo busca conectar as migracións de todos os tempos a través da creación dun espazo onde as traxectorias das persoas poidan recoñecerse e dialogar desde a dignidade. Para isto resalta a migración como un caracter da humanidade que conforma historias de vida, tanto persoais como familiares, tanto individuais como colectivas. Este lugar, ubicado nun contenedor-museo, expándirase a través dunha web que funcionará como un arquivo dixital.

Na súa estadía en Compostela, o MMM virá na súa extensión en Movemento. Esta versión convida á cidadanía a participar no proxecto a través de distintas sesións fotográficas. Nelas, Angélica Dass busca xerar imaxes e recompilar relatos que nutrirán o arquivo dixital común.

Obxectos familiares, documentos, prendas… sirven para retratar o que simbolizan as migracións, os movementos que nos trasladan entre poboacións, comunidades, países… A fotografía convírtese nunha ferramenta de representación e escoita, tamén de memoria colectiva. Ademais este traballo refórzase cunha serie de actividades que terán lugar en paralelo ás sesións fotográficas, ampliando así a perspectiva pública, pedagóxica e documental do proxecto.

O MMM xa comezou a súa andaina en Madrid e Murcia e chegará a 10 comunidades, sendo Galicia a seguinte parada. Finalizará a súa viaxe o 18 de decembro, Día Internacional da Persoa Migrante.

O MMM en Santiago de Compostela

Entre o 14 e o 18 de abril, Angélica Dass montará o seu estudo fotográfico na Zona C, no que convidará á veciñanza a traer o seu obxecto e testemuño para falarque falen dos movementos. Deste encontro sairán os retratos de migración que irán enchendo, aos poucos o Museo. O horario para participar coicidirá co da propia Zona C e é preciso reservar sesión inscribirse na seguinte ligazón:  https://museomigrantemigrante-santiago-de-compostela.youcanbook.me/

A isto hai que sumar unha charla aberta que se celebrará na Sala Mozart do Auditorio de Galicia o xoves 16 de abril entre as 17 e as 19h. Nela, Angélica Dass compartirá o proceso detrás dos seus proxectos internacionais, como Humanae ou Museo Migrante Migrante, onde emprega a fotografía como ferramenta para cuestionar categorías sociais como a raza, a identidade e a migración, así como metodoloxías de traballo con comunidades e arquivo visual. A artista estará acompañada de outras profesionais que, desde Galicia, traballan tamén ao redor das experiencias migratorias. A participación será aberta ata completar a capacidade da sala.

Angélica Dass

Fotógrafa hispanobrasileira que combina a fotografía coa investigación sociolóxica e a defensa global dos dereitos humanos. O seu proxecto máis coñecido é Humanae, unha colección de retratos que amosan a diversidade dos seres humanos que se expuxo en todo o mundo.

Os seus proxectos van alén dos museos, e viaxan ata as aulas onde atopa un gran universo onde traballar, ademais de colaborar con institucións que abranguen desde concellos, institutos á UNESCO
 


Imaxe de Angélica Dass © Nyoyoung Kim

Acceso: 
Info práctica: 
Martes, 14 Abril, 2026 a Domingo, 19 Abril, 2026
Varios lugares