MOVER E FACER · OBRADOIRO CON JANET NOVÁS

DATOS BÁSICOS

MOVER E FACER · OBRADOIRO DE MOVEMENTO CON JANET NOVÁS

Neste laboratorio, Janet Novás comparte a práctica desenvolvida ao longo dos anos como bailarina e performer, baseada en creacións propias e colaboracións con disciplinas como a música, a moda ou o cinema.

A artista entende o corpo como un espazo arqueolóxico, cheo de capas que se poden descubrir a través do movemento. Propón un proceso de "escavación” física e simbólica guiado pola improvisación, onde se exploran materiais internos como ósos, fascias, emocións, imaxinarios ou sons. Tamén se traballa coa voz, a mirada, a pausa, a escoita e a conciencia dos corpos físico, enerxético, emocional e sonoro, co obxectivo de expandir as posibilidades do corpo como ferramenta expresiva e creadora.

  • Dirixido a: Profesionais da danza e a performance e todo dipersonas interesadas na creación e nas artes do movemento
  • Duración:  3 horas
  • Prazas:  20 

Inscricións abertas até o 23 de maio

Prazas esgotadas! As solicitudes recibidas tras superar o número de prazas dispoñibles pasarán a unha listaxe de agarda por se se producen vacantes.

Duración: 
3 horas
Acceso: 
  • De balde previa inscrición 
  • Prazas esgotadas! As solicitudes recibidas tras superar o número de prazas dispoñibles pasarán a unha listaxe de agarda por se se producen vacantes.

 

Info práctica: 
Sábado, 24 Maio, 2025
11:00
Auditorio de Galicia