MOTHER`S BABY / O BEBÉ DA NAI

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA

SECCIÓN OFICIAL EUROPEA / FANTASTIQUE COMPOSTELA

MOTHER’S BABY / O BEBÉ DA NAI (2025)

Johanna Moder

Austria, Suíza, Alemaña / 107 min / Ficción / 

Ficha artística:

Marie Leuenberger, Hans Löw, Claes Bang

Ficha técnica:

Guión: Arne Kohlweyer, Johanna Moder

Fotografía: Robert Oberrainer

Edición: Karin Hammer

Produción: FreibeuterFilm, Tellfilm, Match Factory Productions

Sinopse:

Julia, unha prestixiosa directora de orquestra, e o seu compañeiro, Georg, devecen por ter un fillo. Cando o doutor Vilfort, especialista en fertilidade, lles propón un tratamento experimental, por fin ven abrirse unha porta á esperanza. O embarazo avanza con éxito, pero o parto complícase e o bebé é trasladado de inmediato para recibir atención médica. Cando Julia o volve ver, algo non encaixa: séntese estrañamente afastada e comeza a dubidar de que ese neno sexa realmente seu. A sospeita medra, poñendo en risco o seu matrimonio.

Johanna Moder é unha guionista e directora austríaca. A súa primeira longametraxe, High Performance, gañou o prestixioso Premio do Público no Festival Max Ophüls de 2014. A súa segunda película, Once Were Rebels, tivo a súa estrea internacional no Festival de Cinema de Zúric, onde acadou o Premio do Xurado Ecuménico, ademais do galardón á Mellor Dirección no Festival Max Ophüls 2020 e o Premio Thomas Pluch ao Mellor Guión. Nos últimos anos dirixiu a súa primeira serie, School of Champions, o filme policial Zeit zu beten, protagonizado por Marie Leuenberger, e o telefilme Ewig dein.

 

Sección Oficial da Berlinale 2025

Sección Oficial do Festival de Sitges

 

Duración: 
107 min
Acceso: 

4 euros

Bono 10 películas: 30 euros

Catálogo: 2 euros

  • Para as proxeccións de todas as salas:
    • compostelacultura.gal
    • ZONA C. Punto de Información Cultural (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h.
    • TEATRO PRINCIPAL: de 15.00 h ata a hora de inicio do último filme no Teatro Principal ou no Salón Teatro. 
  • En cada sala, para as proxeccións dese espazo:
    • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingos e calquera outro día fóra deste horario, abrirase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión. Neste despacho de billetes só se poderá pagar en efectivo
    • AUDITORIO DE GALICIA: dende media hora antes do inicio de cada sesión

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Info práctica: 
Sábado, 8 Novembro, 2025
20:15
Salón Teatro
Luns, 10 Novembro, 2025
22:30
Teatro Principal
MULTIMEDIA

MOTHERS'S BABY - Trailer