TALÍA TEATRO
Estrea absoluta
Milán, 1969. Un anarquista falece tras caer pola ventá dunha comisaría na que está sendo interrogado pola policía. En plena investigación xudicial dos feitos, a aparición en dita comisaría dun “tolo” que se fai pasar por diferentes personaxes logrará darlle a volta ás indagacións e descubrir a verdade.
Cunha sátira implacable chea de humor, Dario Fo pon en evidencia a natureza da policía, os seus métodos manipuladores e a súa función represora, así como o importante papel dos medios de comunicación na súa busca da noticia e do “escándalo”.
Autor: Darío Fo
Dirección e adaptación: Cándido Pazó
Reparto: Toño Casais, Diego Rey, Marta Ríos, Dani Trillo, Artur Trillo, Xurxo Barcala, Rubén Prieto,
Escenografía e deseño de iluminación: Dani Trillo
Vestiario: Martina Cambeiro
#posfunción: 11 de marzo ao remate do espectáculo
Idade recomendada: > 13
Lingua: galego