MORICHALES

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA

LATIDOAMERICANO

MORICHALES (2024)

Chris Gude

Colombia, Estados Unidos / 83 min / Documental / Castelán

Ficha artística:

Jorge Gaviria

Ficha técnica:

Guión: Benjamín Naishtat. Relato: Mariana Enríquez

Fotografía: Chris Gude

Edición: Chris Gude, Felipe Guerrero

Produción: Felipe Guerrero, Chris Gude

Sinopse:

Nas extensas chairas da Güiana venezolana, as palmeiras de moriche —árbores sagradas e fonte de vida para as comunidades locais— esténdense sobre unha terra atravesada pola cobiza. Baixo o seu manto húmido agóchase o ouro que atrae mineiros e aventureiros, transformando o ecosistema nun escenario de resistencia e ruína. Un narrador percorre o territorio desde as minas máis remotas ata as ribeiras do Orinoco, e as súas reflexións, combinadas con ilustracións e pinturas fotoquímicas, debuxan o mapa dunha extracción frenética que cuestiona a relación do ser humano coa natureza e o legado extractivista que modela esa paisaxe.

Chris Gude é director e artista visual. A súa ópera prima, Mambo Cool (2013), estreouse no FIDMarseille e gañou o premio á Mellor Longametraxe no Festival Fronteira de Goiânia (Brasil), proxectándose en máis de corenta festivais internacionais. O seu segundo filme, Mariana (2017), tamén estreado no FIDMarseille, recibiu o Premio “Carlos Velo” ao Mellor Director no OUFF 2017 e foi exhibido en numerosos festivais de América Latina, Europa e Estados Unidos. Morichales é a súa terceira longametraxe, filmada ao longo de trece anos.

 

Mellor Longametraxe Colombiana no Festival Internacional de Cinema de Cartaxena de Indias (FICCI) 2025

Mellor Dirección de Fotografía e Mellor Música Orixinal no Festival Internacional de Cinema da Provincia de Bos Aires (FICPBA) 2025

 

Duración: 
83 MIN
Acceso: 

4 euros

Bono 10 películas: 30 euros

Catálogo: 2 euros

  • Para as proxeccións de todas as salas:
    • compostelacultura.gal
    • ZONA C. Punto de Información Cultural (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h.
    • TEATRO PRINCIPAL: de 15.00 h ata a hora de inicio do último filme no Teatro Principal ou no Salón Teatro. 
  • En cada sala, para as proxeccións dese espazo:
    • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingos e calquera outro día fóra deste horario, abrirase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión. Neste despacho de billetes só se poderá pagar en efectivo
    • AUDITORIO DE GALICIA: dende media hora antes do inicio de cada sesión

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Info práctica: 
Mércores, 12 Novembro, 2025
18:15
NUMAX
MULTIMEDIA

TRÁILER Morichales. Chris Gude. 2024. Colombia, USA. 83 min