MONSTRUO DE XIBALBA

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA

LATIDOAMERICANO / CINEUROPA MIÚDA

MONSTRUO DE XIBALBA  (2024)

Manuela Irene

México / 76 min / Ficción / Castelán

Ficha artística:

Gibrán Alonzo, Rogelio Ojeda González, Manuel Irene

Ficha técnica:

Guión: Manuela Irene

Fotografía: Damián Aguilar

Edición: Liora Spilk Bialostozky, Manuela Irene, Federico Veiroj

Produción: Damián Aguilar, Manuela Irene, Daniel Loustaunau

Sinopse:

Un neno curioso e imaxinativo chamado Rogelio pasa unha tempada na vila da súa coidadora, Eduarda, na península de Iucatán. Alí, entre xogos e novas amizades, comeza a descubrir un universo máxico onde as fronteiras entre o real e o fantástico se volven difusas. Fascinado polas lendas locais e atraído polo misterio da morte, o rapaz acaba convencido de que un ancián solitario do lugar podería ser o temido monstro de Xibalba, espírito do inframundo maia.

Manuel Irene é unha cineasta e guionista mexicana. A súa curtametraxe Un xesto (2015) foi seleccionada en festivais como Morelia, Cinélatino Toulouse e Shorts México. En 2018 rodou en Colombia Sol del llano e coeditou El paraíso de la serpiente, ambas incluídas na selección oficial do XVII Festival Internacional de Cine de Morelia. Con Monstruo de Xibalba, Irene consolida unha mirada autoral que combina o realismo e a fábula para explorar a infancia, a morte e o imaxinario popular latinoamericano.

 

Duración: 
76 MIN
Acceso: 

4 euros

Bono 10 películas: 30 euros

Catálogo: 2 euros

  • Para as proxeccións de todas as salas:
    • compostelacultura.gal
    • ZONA C. Punto de Información Cultural (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h.
    • TEATRO PRINCIPAL: de 15.00 h ata a hora de inicio do último filme no Teatro Principal ou no Salón Teatro.  
  • En cada sala, para as proxeccións dese espazo:
    • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingos e calquera outro día fóra deste horario, abrirase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión. Neste despacho de billetes só se poderá pagar en efectivo
    • AUDITORIO DE GALICIA: dende media hora antes do inicio de cada sesión

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Info práctica: 
Domingo, 9 Novembro, 2025
16:00
Auditorio de Galicia
Venres, 21 Novembro, 2025
16:00
Teatro Principal
MULTIMEDIA

Trailer Monstruo de Xibalba- Manuela Irene- México-2024