MONSTROS

DATOS BÁSICOS

PRODUCIÓNS TEATRAIS EXCÉNTRICAS

Idade recomendada: a partir de 4 anos
Duración: 55 min
Lingua: galego

MONSTROS é unha divertida aventura para toda a familia que nos propón risas e reflexión ao mesmo tempo. Que é aquilo que nos causa temor máis que o que é diferente a nós? Non somos todas e todos un pouco raros? Non poderemos parecer monstros ante os ollos doutras persoas? 
Monstros é o artefacto divertido que nos conta que aprender a convivir cos nosos medos nos axuda a entendernos a nós e ás demais persoas, a aceptar as nosas propias monstruosidades.

Duración: 
50 MIN
Acceso: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 571 026
  • Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Info práctica: 
Sábado, 11 Abril, 2026
18:00
Auditorio de Galicia