MONICREQUES DE KUKAS: 'DON GAIFEROS'

DATOS BÁSICOS

Estrea o 4 de marzo ás 20.00 h. Funcións familiares 5 e 6 de marzo

EnFamilia

EscenaGZ

DerivasePeregrinaxes

Idade recomendada: todos os públicos

Duración: 60 min

Lingua: galego

Obra teatral con actores, monicreques e músicos que a modo de opereta, partindo do romance popularizado por Don Faustino Santalices e incorporando cancións e músicas do folclore galego, conta un dos milagres atribuídos ao Apóstolo Santiago que narra a viaxe do peregrino francés Gaiferos de Monmarltan ata a súa morte aos pés do santo na Catedral compostelá.

Nesa viaxe atemporal atoparase con diferentes personaxes como Exeria, a dama peregrina a Xerusalén, un arrieiro maragato, uns cómicos italianos, un demo que unha e outra vez quere desvialo do seu camiño ofrecéndolle todo tipo de praceres mundanos e ata unha reporteira da televisión galega. A eles incorpóranse diferentes personaxes arquetipos dos diversos peregrinos que viaxan a Compostela coma un faquir hindú co seu elefante, un escocés, un portugués, unha andaluza flamenca así como lendas, costumes, lugares e monumentos representativos do feito xacobeo ata rematar aos pés do Apóstolo Santiago no Pórtico da Gloria.

Autor: Marcelino de Santiago

Dirección: Isabel Rey

Adaptación: Isabel Rey e Kukas

Deseño de marionetas, escenografía e vestiario: Marcelino de Santiago (Kukas)

Música: Popular e Antía Ameixeiras e Sabela Caamaño

Elenco artístico: Miguel Cabaleiro, Borxa Insua. Isabel G. Coldeira, Marian González, Marcelino de Santiago e Ero Vázquez

Duración: 
60 min
Entradas: 

VENDA DE ENTRADAS EN LIÑA: LUNS DA SEMANA DO EVENTO_10.00 H

4 €

Bono familiar (4 entradas): 12 € (só se vende no despacho de billetes)

Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18 a 21 h. Se a función é fóra dese horario, o despacho abrirá unha hora e media antes do seu inicio. Teléfono: 981 542 349

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Venres, 5 Marzo, 2021
18:30
Teatro Principal
Sábado, 6 Marzo, 2021
18:30
Teatro Principal

UBICACIÓN

Compostela Capital Cultural

Compostela Capital Cultural