MUSEO MIGRANTE MIGRANTE: MEMORIA, TERRITORIO E COMUNIDADE.
ENCONTRO CON ANGÉLICA DASS E CONVERSA CON ARTISTAS
ARTES VISUAIS
Neste encontro, a fotógrafa Angélica Dass compartirá o proceso detrás dos seus proxectos internacionais, como Humanae ou Museo Migrante Migrante, onde emprega a fotografía como ferramenta para cuestionar categorías sociais como a raza, a identidade e a migración, así como metodoloxías de traballo con comunidades e arquivo visual.
A sesión continuara cunha conversa con Aranxa Vicens, artista, integrante da iniciativa Corpos en Resistencia (Utópicas, Auditorio de Galicia, 2022) e activista en Resistencia en Terra Allea e a asa Comunitaría Aluandê, e María Alonso, escritora, investigadora e comisaria da exposición Emigrantas: emerxer do silencio (Kiosko Alfonso, 2026).
Imaxe de Angélica Dass © Bret Hartman