MISS MARX (2020)

DATOS BÁSICOS

SECCIÓN EUROPEA

MAR 10, 20:00 | TEATRO PRINCIPAL

SAB 14, 19:45 | SALÓN TEATRO

Susanna Nicchiarelli

Italia, Bélxica / 108 min. / Ficción / Inglés

 

Ficha artística:

Romola Garai, Patrick Kennedy, John Gordon Sinclair, Felicity Montagu, Karina Fernandez, Philip Gröning

Ficha técnica:

Guión: Susanna Nicchiarelli

Fotografía: Crystel Fournier

Edición: Crystel Fournier

Produción: Vivo Film, Rai Cinema, Tarantula Belgique

Brillante, intelixente, apaixonada e libre, Eleanor «Tussy» é a filla pequena de Karl Marx. É unha das primeiras mulleres en vincular os temas do feminismo e o socialismo e participa nas batallas dos traballadores, nas loitas polos dereitos dasmulleres e a abolición da man de obra infantil. En 1883 coñece a Edward Aveling e a súa vida vese convulsionada pola súa apaixonada pero tráxica historia de amor.

 

Susanna Nicchiarelli

(Roma, 1975)
Estudou dirección de cinema no Centro Sperimentale dei Cinematografia. Despois de rodar varias curtas e documentais, en 2009 dirixiu a súa ópera prima, Cosmonauta, que gañou o premio Controcampo Italiano no Festival de Venecia e foi nomeado ao David dei Donatello á mellor ópera prima. Seguíronlle A scoperta dell’alba (2012) e Nico, 1988 (2017). Miss Marx competiu no Festival de Venecia.

Co apoio do Programa Creative Europe da Unión Europea, proxecto Wom@rts

 

Duración: 
108 min
Entradas: 

VENDA E RETIRADA DE CONVITES

  • Para as proxeccións de todas as salas
    • compostelacultura.gal
    • Despacho de billetes do Teatro Principal: de 15.30 a 21.00 h e polas mañás desde unha hora antes do inicio da proxección.
  • Para as proxeccións do Auditorio de Galicia tamén se poden retirar na propia sala desde unha hora antes do inicio dos filmes.
  • Para as proxeccións de Numax tamén se poden mercar na propia sala no seu horario habitual (numax.org)

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

CONSULTA O PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS NA PORTADA

Funcións: 
Martes, 10 Novembro, 2020
20:00
Teatro Principal
Sábado, 14 Novembro, 2020
19:45
Salón Teatro