MILDRED PIERCE / ALMA EN SUPLICIO

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA

AS COUSAS DO QUERER

MILDRED PIERCE  / ALMA EN SUPLICIO (1945)

Michael Curtiz

Estados Unidos / 109 min / Ficción / Inglés

Ficha artística:

Joan Crawford, Jack Carson, Zachary Scott

Ficha técnica:

Guión: Ranald MacDougall. Baseado na novela de James M. Cain

Fotografía: Ernest Haller

Edición: David Weisbart

Produción: Jerry Wald, Jack L. Warner

Sinopse:

Tras ser abandonada polo seu home, Mildred decide saír adiante pola súa conta e funda un exitoso negocio de restauración, sacrificando todo polo benestar da súa filla Veda. Mais a relación entre ambas, marcada pola ingratitude, a envexa e o desexo de ascenso social, acaba converténdose nun tormento que conducirá á destrución. Alma en suplicio é un melodrama clásico con trazos de film noir sobre o amor maternal levado ao límite, a culpa e o prezo da ambición.

 

Premio á Mellor Actriz Principal (Joan Crawford) nos Óscar 1945

 

Duración: 
109 MIN
Acceso: 

Entrada de balde previa retirada de convite

Bono 10 películas: 30 euros

Catálogo: 2 euros

  • Para as proxeccións de todas as salas:
    • compostelacultura.gal
    • ZONA C. Punto de Información Cultural (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h.
    • TEATRO PRINCIPAL: de 15.00 h ata a hora de inicio do último filme no Teatro Principal ou no Salón Teatro. 
  • En cada sala, para as proxeccións dese espazo:
    •  NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingos e calquera outro día fóra deste horario, abrirase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión. Neste despacho de billetes só se poderá pagar en efectivo
    • AUDITORIO DE GALICIA: dende media hora antes do inicio de cada sesión

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Info práctica: 
Martes, 11 Novembro, 2025
22:15
NUMAX
MULTIMEDIA

Mildred Pierce - Trailer