CINEUROPA | DOCS CINEUROPA
Luke Lorentzen
México, Estados Unidos / 81 min. / Documental, drama social / Castelán
Ficha técnica:
Guión: Luke Lorentzen
Música: Los Shajatos
Fotografía: Luke Lorentzen
Sinopse:
A familia Ochoa componse case na súa totalidade de paramédicos que loitan cada día por ser os primeiros en responder a chamada dos doentes que precisan asistencia médica logo de sufriren un accidente. Nunha cidade na que o Goberno só conta con 45 ambulancias para unha poboación de máis de 9 millóns de habitantes, o labor da familia vólvese imprescindible, aínda que non conta con ningún tipo de axuda nin recoñecemento por parte do Estado. Isto implica que, con certa frecuencia, os condutores das ambulancias teñen que someterse a unha serie de contratempos que han de liquidar de xeito ilícito, ben sexa a través de subornos ás autoridades ou ben mediante prácticas pouco éticas que afectan directamente ao peto dos propios accidentados.
2019: premio especial do xurado na sección documental do Festival de Sundance