MICE 2021
Ejercicios de Memoria
70 minutos / 2016 / Arxentina – Francia – Alemaña – Paraguai
| Sección Impropias | Estrea en Galicia
Dirección e guión: Paz Encina
Fotografía: Matías Mesa
Son: Guido Berenblum
Montaxe: Pablo Giorgelli e María Astraukas
Produtora: Silencio Cine
Agustín Goiburú foi o opositor político máis importante ao réxime de Stroessner en Paraguai. Desapareceu en 1976 en Paraná, na provincia de Entre Ríos (Arxentina), onde vivía exiliado. Este documental trata de introducirse en todo ese contexto político a través dos recordos dos tres fillos de Goiburú e a súa viúva: Elín, Rogelio, Jazmín e Rolando. Así arranca un íntimo exercicio de memoria que conta a historia de todo un país (que sufriu unha das máis longas ditaduras de Latinoamérica ente 1954 e 1989) a través da evocación de imaxes dunha infancia marcada pola ausencia e o espazo atemporal do exilio.
Detalle: Ejercicios de Memoria estreouse mundialmente na 64 edición do Festival de Cine de San Sebastián. Foi nominada aos Premios Platino do Cine Iberoamericano ao Mellor Documental en 2018. A directora e guionista Paz Encina é coñecida pola longametraxe Hamana paraguaya (2006), galardoada co premio Fipresci do Festival de Cannes.
Para máis información da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico do Museo do Pobo: mice.museodopobo.gal