MESA REDONDA - IMPACTO/ GESTO: PUBLI, CINE O CINTAS DE VÍDEO

DATOS BÁSICOS

CURTOCIRCUITO 2021

Aínda que sempre mirada con recelo polas esferas máis elitistas da cultura, a publicidade foi o campo de traballo de moitos cineastas que, non necesariamente, despois pasaron a formatos máis cinematográficos. Esta mesa quere precisamente mesturar mundos diferentes para dialogar sobre as diferenzas creativas á hora de afrontar a creación. Diferencias que, ademais de na estética, reflíctense na filosofía de traballo, o tipo de produción, etc.

Coa participación de:

  • Cristina Trenas e Santos Bacana (Little Spain)
  • Nacho Villar e Luis Rojo (BRBR Films)

Modera: Marta Ramos Yzquierdo

 

Duración: 
90 MIN
Acceso: 

VENDA DE ENTRADAS CURTOCIRCUÍTO

  • EN LIÑA: NESTA WEB
  • Zona C. Punto de Información Cultural (Praza de Cervantes): Entradas para todas as proxeccións e eventos do festival, sexa cal sexa o seu emprazamento. Horario: de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h. Domingos de 11.00 a 14.00 h. Teléfono: 981 54 24 62
  • Teatro Principal: Entradas para todas as proxeccións e eventos do festival, sexa cal sexa o seu emprazamento. Horario: durante a celebración do festival (do 2 ao 10 de outubro) desde unha hora antes do inicio da primeira sesión ata o comezo da última sesión de cada día. Teléfono: 981 542 349
  • Numax: Entradas só para as proxeccións que teñan lugar nesta sala, desde o luns 4 de outubro. Horario: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 e de 16 a 20.30 h. Martes de 16 a 20.30 h. Se hai proxección fóra deste horario, abriríase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio. Teléfono: 981 560 250

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Info práctica: 
Venres, 8 Outubro, 2021
12:00
Museo das Peregrinacións