MEMORIA SILENTE: BARTOLOMÉ DE OLAGÜE

DATOS BÁSICOS

CICLO DE LUGARES E ÓRGANOS

>> ITINERARIO E CONCERTO

MEMORIA SILENTE: BARTOLOMÉ DE OLAGÜE, ITINERARIO POLOS LUGARES DE MEMORIA ARREDOR DA FIGURA DO ORGANISTA E COMPOSITOR COMPOSTELÁN

OUTRAS PAISAXES, OUTROS TONS DA CIDADE

Olagüe, unha relevante figura do Barroco, vén engrosar, a raíz das últimas investigacións musicolóxicas, a nómina de compositores galegos pois, até a data, era descoñecido o seu lugar de nacemento. Sabemos agora que era orixinario de Santiago de Compostela e que, moi novo, profesou como monxe organista no mosteiro de Santa María de Sobrado, no que pasará corenta anos da súa vida. Trátase dun músico, organista, do que ademais se conserva obra escrita, cousa pouco habitual na altura. O itinerario percorrerá, ao longo da cidade, diferentes lugares que teñen que ver coa figura deste ilustre músico e rematará cun pequeno concerto, a cargo do organista e investigador Marco Aurélio Brescia, no que se interpretarán obras de Olagüe recollidas no coñecido como Libro de Cyfra de Porto, no órgano de San Miguel dos Agros.

 

Programa completo do ciclo

Entradas: 

Lugar de encontro: rúa do Castro, praza de Entrepraciñas (xunto á estatua de Afonso II)

Número de prazas: 60. É preciso retirar invitación (máximo 2 por persoa) a partir do mércores, 13 de marzo

  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • De non se esgotaren, tamén se poderán recoller o propio día da actividade no lugar onde esta se celebre desde unha hora antes do seu comezo. As invitacións serán válidas ata 10 minutos antes do inicio da actividade. A partir dese momento, a organización resérvase o dereito a empregar as localidades non ocupadas.

Ás 12.30 h concerto na igrexa de San Miguel dos Agros

Funcións: 
Mércores, 27 Marzo, 2024
10:30
Praza de Entrepraciñas