MELOS NEW VOCAL MUSIC COLLECTIVE/ ENSEMBLE NEW BABYLON/ VERTIXE SONORA

DATOS BÁSICOS

CONTEMPORÁNEAS 2026 · 2027

ECHO

MELOS NEW VOCAL MUSIC COLECTIVE

Viktorija Šedbaraitė, soprano
Ona Aleksiūnaitė, soprano
Ūla Zemeckytė, mezzosoprano
Karolina Macytė, contralto
Beata Rapalavičiūtė, contralto

ENSEMBLE NEW BABYLON

Isabelle Raphaelis, frauta
Benjamin Fischer, óboe
Beltane Ruiz Molina, contrabaixo
Daria-Karmina Issifova, piano e sintetizador
 Hsin Lee, percusión

VERTIXE SONORA

Pablo Coello, saxofón
Carlos Cortés, trompeta
Iago Ríos, Trombón
Helena Sousa, acordeón
Pedro Vaz, violonchelo
Haruna Takebe, piano e sintetizador

Lautaro Mura Fuentealba, director

PROGRAMA

Alexander F. Hooper (1987) Erasure of the common grounds* (2025)

Ramón Souto (1984) Cámara de eco* (2025)

Rūta Vitkauskaitė (1984) Music of the Spheres* (2025)Ç

*Estrea en España


Actualmente, o uso de internet e das redes sociais fai que o fenómeno do eco e a resonancia, aos que debemos grandes exemplos musicais ao longo da historia, adquiran un ton singular e unha relevancia inesperada. Nas redes sociais, a cámara de eco ou resonancia mediática refírese á tendencia a atopar ideas que amplifican e reforzan as propias crenzas. Na burbulla epistémica, outras voces relevantes quedaron de lado, quizais accidentalmente; na cámara de eco, foron activamente excluídas e desacreditadas. Noticias falsas e desinformación representan desde hai tempo unha ameaza global para a liberdade e a democracia. A comprensión axeitada dos asuntos públicos, a información tóxica e o potencial de difusión das novas tecnoloxías arriscan a supervivencia dun sistema fráxil, pois a viralización dos contidos fai imposible verificar a veracidade da información e a leva ao colapso. Unha reflexión arredor da materia, os mundos virtuais e físicos, o eco, a resonancia e a espacialidade.

Duración: 
55 MIN
Acceso: 

Entrada de balde previa retirada de convites (máx. 2 por persoa)

Os convites estarán dispoñibles a partir do mércores 23, ás 11 horas en:

  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Entrada da Casa das Máquinas. O día do concerto desde 1 h antes do comezo do mesmo. 

NOTA: Os convites serán válidos ata 10 minutos antes do comezo do espectáculo. Superado ese tempo, as localidades que non fosen ocupadas, poranse á disposición das persoas interesada.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Info práctica: 
Mércores, 31 Marzo, 2027
20:00
Casa das Máquinas