CINEUROPA
AS COUSAS DO QUERER
MAURICE (1987)
James Ivory
Reino Unido, Estados Unidos / 140 min / Ficción / Inglés
Ficha artística:
James Wilby, Hugh Grant, Rupert Graves
Ficha técnica:
Guión: James Ivory, Kit Hesketh-Harvey. Baseado na novela de E. M. Forster
Fotografía: Pierre Lhomme
Edición: Katherine Wenning
Produción: Paul Bradley, Ismail Merchant
Sinopse:
Ambientada na Inglaterra eduardiana, Maurice conta a historia dun mozo que loita por aceptar a súa identidade nunha sociedade que condena o amor entre homes. Maurice Hall, educado segundo os valores morais da súa clase, descobre o desexo e a súa verdadeira natureza a través da amizade e do amor con Clive Durham, compañeiro de universidade en Cambridge. Dirixida por James Ivory e baseada na novela homónima de E. M. Forster, Maurice é unha historia de iniciación e valentía, un delicado retrato da loita entre o desexo e a moral, e unha defensa da autenticidade fronte ás convencións sociais.
León de Prata á Mellor Dirección e Copa Volpi ao Mellor Actor (James Wilby e Hugh Grant) no Festival de Venecia 1987