MATRES

DATOS BÁSICOS

CÍA CAMPI

Idade recomendada: a partir de 6 anos
Duración: 65 min 
Lingua: castelán

EN FAMILIA · ARTES ESCÉNICAS · TEATRO

Un neno medra nunha pequena aldea rodeada de paxaros, de flores de camomila e de tres mulleres, tres xeracións: a nai, a avoa e a tía. As tres nais de Jordi, o neno.

Catro intérpretes ao servizo dunha historia que trata a maternidade e a morte, pero sobre todo a vida. Un relato sobre a perda da nai na infancia, onde as dificultades e o humor conviven con toda naturalidade. Unha historia de amor, aventuras, superación e zapatillas voadoras.

 

(Fotografía de Arian Botey)

Duración: 
65 MIN
Acceso: 

Á venda a partir do mes de decembro en:

  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 542 349

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Info práctica: 
Sábado, 24 Xaneiro, 2026
18:00
Teatro Principal