MATINÉS 20’

DATOS BÁSICOS

DE LUGARES E ÓRGANOS

OUTRAS PAISAXES, OUTROS TONS DA CIDADE

Órgano: Marta López

Este ameno e fresco formato musical, achegaranos, na mañá do xoves, ao órgano da Igrexa da Universidade da man da compostelá Marta López, profesora de clave do Conservatorio Profesional de Música de Pontevedra, que interpretará un repertorio de 20 minutos de música da súa escolla, aproximándonos, ao tempo, ao seu oficio e práctica como organista.

Marta é unha especialista en instrumentos de tecla históricos nada en Santiago de Compostela. Comeza os seus estudos de órgano na súa cidade natal da man de Bruno Forst e como alumna dos cursos de Música en Compostela. Desenvolve a súa carreira profesional entre España e o Reino Unido, tras estudar clave e órgano con James Johnstone e Carole Cerasi. A súa actividade concertística lévaa a actuar no Reino Unido, España, Francia, Suíza, Italia e Noruega. En Londres é convidada como artista residente na casa museo Handel & Hendrix e o seu interese polos instrumentos de tecla históricos lévaa a realizar
concertos nos que percorre importantes coleccións como as de Fenton House, Hatchlands Park e Horniman Museum. Colabora, ademais, como continuísta con diversas orquestras como a Orchestra of the Age of Enlightenment, a Real Filharmonía de Galicia, a Orquestra Barroca Vigo 430, o Norwegian Wind Ensemble e o Eboracum Ensemble, entre outras. Traballou con directores como Philippe Herreweghe, John Butt, Paul Daniel, Enrico Onofri, Maximino Zumalave, Steven Devine, Robert Howarth e Eamonn Dougan. É convidada ademais ás academias da Orchestra of the Age of Enlightenment, Academy of Ancient Music e a Britten Pears Baroque Orchestra.

Entradas: 
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • De non se esgotaren, tamén se poderán recoller o propio día da actividade no lugar onde esta se celebre, desde unha hora antes do seu comezo.

As invitacións serán válidas ata 10 minutos antes do inicio da actividade. A partir dese momento, a organización resérvase o dereito a empregar as localidades non ocupadas.

Funcións: 
Xoves, 6 Abril, 2023
12:30
Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela