CINEUROPA
PANORAMA INTERNACIONAL
MASTER GARDENER | O MESTRE XARDINEIRO (2022)
Paul Schrader
EEUU / 107 min / Ficción / Inglés
Ficha artística:
Joel Edgerton, Sigourney Weaver, Quintessa Swindell
Ficha técnica:
Guión: Paul Schrader
Fotografía: Alexander Dynan
Edición: Benjamin Rodriguez Jr.
Produción: Kojo Studios, Curmudgeon Films
Sinopse:
Narvel Roth (Edgerton) é un meticuloso horticultor en Gracewood Gardens, unha fermosa leira propiedade da rica viúva Havernhill (Weaver). Cando esta lle pide a Roth que tome a súa problemática sobriña neta Maya (Swindwell) como aprendiz, a súa vida verase sumida no caos e rexurdirán escuros segredos do pasado.
Paul Schrader (Michigan, EEUU). Licenciouse no Calvin College e fixo un mestrado na UCLA mentres traballaba como crítico de cinema e escribía O estilo transcendental no cinema. Asinou guións inesquecibles, como os de Taxi Driver (1976), Touro salvaxe (1980) ou A última tentación de Cristo (1988), rodados por Martin Scorsese. Blue Collar (1978), Aflición (1997), Adam resucitado (2008) e The Card Counter (2021) son algunhas das películas dirixidas por el.
Sección oficial (fóra de concurso) do Festival de Venecia 2022